DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58682

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023 pola que se lles recoñece ás persoas adestradoras ou técnicas e ás persoas xuízas-árbitras a condición deportiva de alto nivel e se relacionan as solicitudes desestimadas e a causa.

O artigo 27 do Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu número 22, a competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega na promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer. Na súa virtude, procedeuse á aprobación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, pola que se procura, entre outros propósitos, promover o deporte de competición e de alto nivel en colaboración coas federacións deportivas e demais entidades con competencia en materia de deporte.

No ámbito do deporte de alto nivel, o artigo 35 da lei establece que, en función dos intereses deportivos da Comunidade Autónoma, poderán ser declaradas as persoas técnicas ou adestradoras, persoas xuízas-árbitras que reúnan os requisitos que se determinan regulamentariamente. A relación das persoas destes colectivos recoñecidas de alto nivel publicarase no Diario Oficial de Galicia e seranlles de aplicación os beneficios que se prevexan regulamentariamente.

En desenvolvemento da citada Lei do deporte, ditáronse o Decreto 165/2020, do 17 de setembro, polo que se regula o deporte de alto nivel, de alto rendemento e de rendemento deportivo de base de Galicia, e a Orde do 23 de xuño de 2021 pola que se establecen os criterios técnico-deportivos para a obtención das condicións de persoa deportista de alto nivel, alto rendemento deportivo e rendemento deportivo de base. Esta normativa atribúelle á Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento e do rendemento deportivo de base proposta de recoñecemento de alto nivel deportivo das persoas que reúnan os requisitos establecidos nela. A Comisión elevará a proposta de resolución á persoa titular do órgano competente en materia de deporte.

En consecuencia, atendendo á proposta da Secretaría Xeral para o Deporte, con base nos acordos adoptados pola Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo na súa reunión do 20 de setembro de 2023, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a relación de persoas adestradoras ou técnicas recoñecidas de alto nivel e persoas xuízas-árbitras recoñecidas de alto nivel que se relacionan no anexo I desta resolución e que, en consecuencia, gozan dos beneficios que para tal consideración se atribúan, coa vixencia que tamén se relaciona no anexo I desta resolución.

Segundo. Publicar a relación das solicitudes desestimadas e a causa, que se relacionan no anexo II desta resolución.

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Persoas adestradoras ou técnicas recoñecidas de alto nivel e persoas xuízas-árbitras recoñecidas de alto nivel

Apelidos

Nome

DNI

Modalidade

Recoñecemento

Vixencia

1

Brage Casteleiro

Daniel Ángel

***4164**

Piragüismo

Técnico de alto nivel

3.8.2027

2

Carballeira Fernández

Eduardo

***2160**

Judo

Técnico de alto nivel

19.11.2025

3

Costa Bouzada

Daniel

***7762**

Piragüismo

Técnico de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

4

Cuba Dorado

Alba

***5175**

Tríatlon, Paratríatlon

Técnica de alto nivel

25.9.2026

5

Ourille Vázquez

José Luis

***7049**

Piragüismo

Técnico de alto nivel

8.8.2027

6

Sandino Leira

Guillermo

***3882**

Atletismo

Xuíz-árbitro de alto nivel

Cinco anos desde a data da resolución

7

Vázquez López

Rafael

***9525**

Bádminton

Técnico de alto nivel

27.8.2027

ANEXO II

Relación das solicitudes desestimadas e a causa

Apelidos

Nome

DNI

Modalidade

Causa

1

Abad

Alonso

Carla

***6157**

Balonmán

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

2

Breteau

Agote

Yann María

***3116**

Esgrima

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

3

Caride

Figueroa

Eduardo

***7338**

Patinaxe

Por non ter mérito en proba olímpica

4

Conde

Ordóñez

Alejandro

***0754**

Piragüismo

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

5

Figueroa

Pérez

David

***6170**

Patinaxe

Por non ter mérito en proba olímpica

6

García

Suárez

María Isabel

***8011**

Piragüismo

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

7

Garrido

Conchado

David

***0063**

Patinaxe

Por non ter mérito en proba olímpica

8

Haro

Lorenzo

Adrián

***3507**

Montañismo

Por non ter mérito en proba olímpica

9

Maroño

Martínez

Ricardo Iván

***3709**

Patinaxe

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

10

Pardo

González

Juan

***5381**

Piragüismo

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

11

Pereira

Cabaleiro

Ángela María

***2703**

Natación

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

12

Pérez

Román

Inocencio

***1128**

Atletismo

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

13

Rodríguez

Barnada

Joan

***0785**

Ciclismo, paraciclismo

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021

14

Toro

Prieto-Puga

Jano

***8158**

Vela

Por non acadar mérito deportivo conforme o artigo 5 da Orde do 23 de xuño de 2021