DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58685

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023 pola que se adxudican as bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24, ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

De acordo co artigo 12 da Orde do 28 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A), (DOG núm. 151, do 9 de agosto), e conforme co informe da Comisión de Selección, o 22 de setembro de 2023 a Secretaría Xeral para o Deporte formulou proposta de resolución provisional de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para a tempada 2023/24. O mesmo día publicouse a proposta de resolución provisional na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e concedeuse un prazo de 10 días para formular alegacións, que rematou o 6 de outubro de 2023.

Recibíronse alegacións da Federación Galega de Loita contra a exclusión na proposta de resolución provisional do deportista Moisés Bello Álvarez que non cumpría o requisito de idade do artigo 3.1.a) das bases reguladoras, por ser menor de 18 anos no momento da solicitude. As alegacións non desvirtúan o feito do incumprimento do requisito de idade do deportista.

Segundo o artigo 16 das bases reguladoras, «o número de prazas convocadas é de 6. Para a súa cobertura atenderase, de ser posible en función das solicitudes presentadas, a criterios paritarios, de tal forma que, 3 prazas sexan ocupadas por persoas do sexo feminino e as outras 3 por persoas do sexo masculino, coa finalidade de garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro. Con esta finalidade, a cota de prazas destinada a cada sexo será ocupada polas persoas dese sexo que acaden a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 9. No caso que, polo número de solicitudes presentadas, non sexa posible a cobertura das prazas reservadas a un dos sexos, cubriranse polas persoas solicitantes do outro sexo».

Conforme co artigo 15.1.e) das bases reguladoras, entre as obrigas das persoas bolseiras está a de acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Na proposta de resolución provisional figuraba un deportista que non se atopaba ao día nas súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e que non presentou documentación para emendar esta circunstancia.

O 11 de outubro de 2023 a Secretaria Xeral para o Deporte formulou proposta de resolución definitiva de adxudicación das bolsas.

O artigo 13 das bases reguladoras establece que baseándose na proposta de resolución definitiva, a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ditará resolución pola que se adxudican as bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e, así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar as bolsas de persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2023/24, segundo a relación que figura como anexo I desta resolución.

Segundo. Excluír as persoas que figuran no anexo II desta resolución, polos motivos que se enumeran.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do dia seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Listaxe de persoas colaboradoras no CGTD e listaxe de reserva

Solicitante colaboradora

Muller/Home

Nova/Renova

a./f./g.--Estudante Ccafd/Univ /Cfs

Puntos

b.-Proxecto actividades

Puntos

c./d./h.-Dgan/Dan/Dar/Cgtd

Puntos

i./j.- Dar-CSD

Puntos

e./k.-Título
Ccafd/Maxisterio/T Deportivo

Puntos

l.-Informe Dirección

Puntos

Total
puntos

1

García Vidal, Miryan

Muller

Renova

Universitarios

3

4

4

Dgan

4

0

0

3

3

14

2

Da Costa Piñeiro, Lucía

Muller

Renova

Universitarios

3

0

0

Dgan/Cgtd

6

0

0

3

3

12

3

Picón Voces, Carlos Gutier

Home

Nova

Cfs

2

3

3

Dan

4

0

0

0

0

9

4

Iemma Plaza, Alessandro

Home

Nova

Universitarios

3

1

1

Dgan

4

0

0

0

0

8

5

Bautista Bugarín, Carlos

Home

Nova

Cfs

2

3

3

0

0

0

0

0

5

6

Acuña García, Cándido

Home

Renova

Cfm

0

0

0

Dar

1

0

T Deportivo

1

2

2

4

Listaxe de reserva

7

Giadas Couselo, Aarón

Home

Nova

Cfs

2

0

0

0

0

0

0

0

2

ANEXO II

Listaxe de persoas solicitantes excluídas

Solicitante colaborador

Motivo da exclusión

1

Bello Álvarez, Moisés

Incumprimento do requisito de idade do artigo 3.1.a) das bases da convocatoria: ser menor de 18 anos no momento da solicitude

2

Bello Álvarez, Saúl

Non estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT