DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Marín (expediente IN407A 2023/037-4).

Expediente: IN407A 2023/037-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación telecontrol no apoio 9XLFKHBL//60 da LMTA LOZ808B.

Concello: Marín.

Feitos:

Primeiro. O 25 de xaneiro de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Instalación telecontrol no apoio 9XLFKHBL//60 da LMTA LOZ808B.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a instalación dun interruptor telecontrolado no apoio 9XLFKHBL//60 da LMTA LOZ808B. Como consecuencia será necesario substituír o apoio de formigón 9XLFKHBL//60 por un novo apoio de celosía C-1000-14, retirar o interruptor telecontrolado actual (36HGR1) e retensar os vans entre os apoios 59 e 61 en LAC-80. As actuacións están previstas no lugar de Mogor, na parroquia de San Xulián, no concello de Marín (Pontevedra).

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Marín, o Instituto de Estudos do Territorio e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Marín.

Os demais organismos non emitiron o condicionado técnico entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Terceiro. Non foi posible efectuar a notificación da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora, polo que esta xefatura publicou os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 21 de marzo de 2023 e no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE) do 4 de abril, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a resolución do 6 de marzo de 2023, publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 30 de marzo de 2023.

Xornal Faro de Vigo: 28 de marzo de 2023.

Taboleiro de anuncios do Concello de Marín, desde o 15 de marzo ata o 17 de abril de 2023, segundo certificado emitido polo propio concello.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Substitución do apoio 9XLFKHBL//60 da liña de media tensión aérea (LMTA) LOZ808B Marín Busto 8 por un C-1000/14, no cal se instala un interruptor telecontrolado.

Retensado dos vans aéreos contiguos ao apoio proxectado (162 metros de condutor LAC-80 entre os apoios 9XNDFFVT//59 e 9XK10601//61).

A instalación está situada en Mogor, parroquia de San Xulián de Marín, no concello de Marín (Pontevedra).

Conforme o indicado,

Resolvo:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Instalación telecontrol no apoio 9XLFKHBL//60 da LMTA LOZ808B, expediente IN407A 2023/037-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 2 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra