DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 29 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto da LAT 220 kV evacuación dos parques eólicos Feás e Seselle (anteriormente denominada LAT 220 kV evacuación dos parques eólicos Fontella, Feás e Seselle), nos concellos de Aranga, Coirós, Oza-Cesuras e Abegondo (expediente IN408A 2021/024).

O 25 de marzo de 2021, Galenergy, S.L. presentou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial da liña de evacuación dos parques eólicos Fontella, Feás y Seselle. Asi mesmo, xuntou a seguinte documentación: proxecto de execución, proxecto sectorial, separatas, RBDA, plano de situación (formato shape) e documento de alcance do estudo de impacto ambiental (EIA).

O 10 de maio de 2021, Galenergy, S.L. presentou o estudo de impacto ambiental (EIA) correspondente.

O 9 de decembro de 2022 o órgano ambiental emite DIA desfavorable para o parque eólico Fontella.

O 24 de abril de 2023, como consecuencia da antedita emisión desfavorable, o promotor presentou unha modificación substancial da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e aprobación do proxecto sectorial, e achegou a seguinte documentación, que modifica e substitúe a presentada anteriormente: proxecto de execución, separatas técnicas, proxecto de interese autonómico e estudo de impacto ambiental, motivada pola necesidade de evacuar a enerxía eléctrica xerada polos parques eólicos Feás (40 MW, expediente IN408A 2019/09) e Seselle (31,2 MW, expediente IN408A 2020/10) e adecuar o proxecto ao acordo alcanzado entre promotores para a compartición dun tramo de liña común.

Como consecuencia desta modificación, actualízase a denominación do proxecto, que pasa a ser LAT 220 kV evacuación parques eólicos Feás e Seselle.

Non se solicita a declaración de utilidade pública das instalacións proxectadas.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Galenergy, S.L. (CIF B27504737).

Domicilio social: avenida Compostela 11, entresollado, 27200 Palas de Rei (Lugo).

Denominación do proxecto: LAT 220 kV evacuación parques eólicos Feás e Seselle (anteriormente denominada LAT 220 kV evacuación parques eólicos Fontella, Feás e Seselle).

Nº de expediente: IN408A 2021/024.

Concellos afectados: Aranga, Coirós, Oza-Cesuras e Abegondo (A Coruña).

Orzamento de execución material: 12.979.863,26 €.

Prazo de execución: doce (12) meses.

Obxecto:

Coa fin de evacuar a enerxía eléctrica xerada nos parques eólicos Feás, de 40,0 MW, con nº expediente IN408A 2019/09, e parque eólico Seselle, de 31,2 MW, con nº de expediente IN408A 2020/10, promovidos por Galenergy, S.L., proxéctase a LAT 220 kV evacuación parques eólicos Feás e Seselle, con inicio no pórtico exterior SET Feás (termo municipal de Aranga) e final en pórtico exterior SET Abegondo.

Características técnicas da instalación:

A LAT obxecto da presente tramitación ten unha lonxitude total de 26.355,2 m e componse de cinco tramos aéreos e dous tramos soterrados. En parte comparte trazado coa LAT 220 kV Gato-Mesón, pertencente a Greenalia e tramitada noutro expediente. A continuación descríbense as principais características dos distintos tramos da liña obxecto do presente proxecto.

• Tramos aéreos:

– Tramo aéreo en 220 kV, de 4.190,8 m de lonxitude, en simple circuíto, entre o pórtico exterior da SET de Feás e o apoio nº 15 da liña obxecto do presente proxecto.

– Tramo aéreo en 220 kV, de 5.171,7 m de lonxitude, de dobre circuíto (compartido coa LAT 220 kV Gato-Mesón, propiedade de Greenalia e tramitada noutro expediente), entre o apoio nº 15 e o apoio PAS nº 32, ambos da liña obxecto deste proxecto.

– Tramo aéreo en 220 kV, de 3.472,1 m de lonxitude, de dobre circuíto (compartido coa LAT 220 kV Gato-Mesón, propiedade de Greenalia e tramitada noutro expediente) entre o apoio PAS nº 33 e o apoio nº 44, ambos da liña obxecto do presente proxecto.

– Tramo aéreo en 220 kV, de 4.429,7 m de lonxitude, en simple circuíto, entre o apoio nº 44 e o apoio PAS nº 60, ambos da liña obxecto deste proxecto.

– Tramo aéreo en 220 kV, de 7.090,9 de lonxitude, en simple circuíto, entre o apoio PAS nº 61 da liña obxecto deste proxecto e o pórtico exterior da SET de Abegondo.

• Tramos soterrados:

– Tramo soterrado en 220 kV, de 1.250,25 m de lonxitude, entre o apoio PAS nº 32 e o apoio PAS nº 33, ambos da liña obxecto deste proxecto. Está composto por tres circuítos, dous circuítos pertencentes á liña obxecto do presente proxecto e un circuíto pertencente á LAT 220 kV Gato-Mesón, propiedade de Greenalia e tramitada noutro expediente.

– Tramo soterrado en 220 kV, de 733,42 m de lonxitude, en dobre circuíto, entre o apoio PAS nº 60 e o apoio PAS nº 61, ambos da liña obxecto deste proxecto.

– As características xerais do tramo aéreo son:

Características xerais do tramo aéreo

Lonxitude total (m)

24.355

Condutor circuíto Galenergy

LA-545 dúplex (aluminio reforzado con aceiro)

Condutor circuíto Greenalia

LA-545 (aluminio reforzado con aceiro)

Cable de comunicacións

OPGW 2…48 F.O.

Número de condutores por fase

2 cond. de feixe: 400 mm

Número e tipo de apoios

88. Celosía de aceiro

Cimentacións

Monobloque e patas separadas

Postas á terra

Pica e anel

– As características xeneráis do tramo soterrado son:

Características xerais do tramo soterrado

Lonxitude total (m)

1.984

Condutor circuíto Galenergy

RHZ1 RA-2OL (S) 127/220 kV 1×2500 mm² Al + T375 AL

Condutor circuíto Greenalia

RHZ1 RA-2OL (S) 127/220 kV 1×1.200 mm² Al + T375 AL

Cable de comunicacións

PKP 48 FO monomodo

Número de condutores por fase

2

Illamento

Polietileno reticulado (XLPE)

Tendido tramo compartido

En capa formigonado baixo tubo de 250 mm

Tendido tramo só Galenergy

En triángulo baixo 3 tubos de 250 mm

Postas á terra (ambos os tramos)

Dobre Single Point

– Inclúese dentro do alcance do proxecto un campo de medidas localizado entre o apoio nº 88 da liña e o pórtico de chegada da SET Abegondo de REE, composto dun pórtico de liña, tres autoválvulas, tres transformadores de tensión e tres transformadores de intensidade, así como unha posición de medida fiscal, composta por un contador principal e un redundante situados nunha caseta específica para eles.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (abril de 2023, asdo. o 24.4.2023).

1.1. Plano xeral da liña.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (asdo. o 24.4.2023).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (abril de 2023, asdo. o 24.4.2023).

O anterior faise público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará ao dispor das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas do Concello de Aranga, de Coirós, de Oza-Cesuras e de Abegondo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 29 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña