DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 29 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Mañón (expediente IN407A 2022/171-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Labrada, no concello de Mañón (expediente IN407A 2022/171-1), mediante resolución desta xefatura territorial, do 22 de agosto de 2023, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña,

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 27 de novembro de 2023 para o levantamento das actas previas á ocupación. Nelas describiranse os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con este acordo no taboleiro de edictos do Concello de Mañón, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 16.3.2023, no BOP do 28.2.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 16.3.2023. Ao acto deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual, e sinalaránselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese realizar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 29 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña