DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58219

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 138/2023, do 17 de outubro, polo que se dispón o cesamento do presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido no artigo 10.d) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 23 do seu Regulamento de réxime interno,

DISPOÑO:

Que cese como presidente do Consello Económico e Social de Galicia Agustín Hernández Fernández de Rojas, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezasete de outubro de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente