DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58220

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 139/2023, do 17 de outubro, polo que se dispón o nomeamento do presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 7 e 8 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 22 do seu Regulamento de réxime interno, por proposta conxunta do conselleiro de Facenda e Administración Pública e das conselleiras de Economía, Industria e Innovación e de Promoción do Emprego e Igualdade, logo da consulta ás entidades, organizacións e asociacións representadas no Consello, e tras comparecencia no Parlamento, nos termos previstos na disposición adicional terceira da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Nomear presidente do Consello Económico e Social de Galicia a Manuel Pérez Álvarez.

Santiago de Compostela, dezasete de outubro de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente