DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 58103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2023/082-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: cambio de localización e automatización do CT San Bartolo.

Situación: concello de Barreiros.

Características técnicas:

– Reforma da liña aérea de alta tensión a 20 kV Barreiros, consistente na substitución do armado do apoio existente A22938 para que cumpra a función de fin de liña.

– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros (entrada) provén do CT 2556 Cascabeiro, con orixe nun PAS para realizar no apoio A22938 e final no CT 6912 San Bartolo (proxectado), cunha lonxitude de 485 metros en condutor HEPRZ1-240mm.

– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Barreiros (saída) dirección do CT 5657 Océano 1 con orixe no CT 6912 San Bartolo (proxectado) e final nun empalme que se vai realizar nunha arqueta existente (A), cunha lonxitude de 735 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

– CT prefabricado 6912 San Bartolo, cunha potencia proxectada de 630 kV e unha potencia inicial de 100 kV no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230V.

– Desmonte do CT 9233 San Bartolo, 10 metros de condutor RHZ1-240 e 437 metros de condutor LA-30.

Finalidade da instalación : mellora de instalacións.

Orzamento: 187.153,01 euros.

Documentación que se xunta:

– Separata para o Concello de Barreiros.

– Separara para Augas de Galicia.

– Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de mayo, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de junio, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 27 de setembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo