Logo de examinar a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, en relación coas axudas correspondentes á Orde do 15 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición de audiolibros e libros en lectura fácil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento CT238B e CT238C), DOG núm. 191, do 27 de xuño, e de acordo co disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de conformidade co artigo 17 da orde de bases e convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Excluír a totalidade dos proxectos presentados na modalidade A, Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego (CT238B), ao non resultar beneficiario ningún dos proxectos presentados por non acadar a puntuación mínima exixida polas bases da convocatoria ou por desistir da solicitude, segundo se indica no anexo I.
Segundo. Conceder as subvencións da modalidade B, Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital, en galego (CT238C), aos cinco proxectos que resultaron beneficiarios e excluír os restantes segundo se indica no anexo II. O importe total concedido é de 24.848,35 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.04.432A.770.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, dos cales 11.594,24 € corresponden á anualidade de 2023 e 13.254,11 € á anualidade de 2024; detállanse os importes correspondentes a cada empresa beneficiaria.
Terceiro. Denegar as solicitudes das empresas editoras que se relacionan no anexo II por non acadar a puntuación mínima exixida polas bases da convocatoria ou por desistir da súa solicitude.
Cuarto. De conformidade co disposto no artigo 22 da orde de bases e convocatoria, as editoras beneficiarias dispoñerán dun prazo de dez (10) días para a aceptación da subvención, contado desde o día seguinte ao da data de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
Quedará sen efecto a concesión ás persoas beneficiarias que non acepten a subvención.
Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023
O conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO I
Modalidade A. Axudas ao sector editorial, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de audiolibros en galego (CT238B).
Relación de proxectos excluídos:
Entidade solicitante |
Título do proxecto |
Causa de exclusión |
Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L. |
10 Contos de Amor |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3 |
Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L. |
10 Contos de Reis |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3 |
Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L. |
10 Contos Novos |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3 |
Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L. |
10 Contos da Patria |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3 |
Instituto para el desarrollo educativo y cultural, S.L. |
10 Contos Tráxicos |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 35.3 |
Técnicas&Gramaxe, S.L. |
A matanza clandestina |
Desistencia por parte do solicitante por non dar resposta ao requirimento de documentación segundo establece o artigo 13 |
ANEXO II
Modalidade B. Axudas ao sector editorial galego, relativas a gastos de produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital, en galego (CT238C).
I. Relación de proxectos beneficiarios:
Entidade beneficiaria |
Título do proxecto |
Anualidade 2023 |
Anualidade 2024 |
Importe total |
Editorial Bululú |
Leo con Lía, Leo con Leo |
2.799,60 € |
3.200,40 € |
6.000 € |
Hércules Ediciones |
Palabras de pedra |
2.799,60 € |
3.200,40 € |
6.000 € |
Técnicas&Gramaxe, S.L. |
Os Balbinos visitan os museos naturais de Galicia |
2.799,60 € |
3.200,40 € |
6.000 € |
Ivette Noguera García Edicions, S.L. |
Tamén podes |
1.424,86 € |
1.628,84 € |
3.053,70 € |
La Mar de Fácil, S.L. |
Madame Bovary |
1.770,58 € |
2.024,07 € |
3.794,65 € |
II. Relación de proxectos excluídos:
Entidade solicitante |
Título do proxecto |
Causa de exclusión |
Horsori Editorial |
A Lenda do Rei Artur |
Desistencia por parte do solicitante por non dar resposta ao requirimento de documentación segundo establece o artigo 13. |
Horsori Editorial |
A Guerra dos Mundos |
Desistencia por parte do solicitante por non dar resposta ao requirimento de documentación segundo establece o artigo 13. |
Ivette Noguera García Edicions, S.L. |
Os boos amigos (título provisional) |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 42.3 |
Ivette Noguera García Edicions, S.L |
Bambú |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 42.3 |
Ivette Noguera García Edicions, S.L |
Bear Child (título provisional) |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 42.3 |
La Mar de Fácil, S.L. |
Nahid, a miña irmá afgá |
Non acada o 30 % dos puntos do baremo de valoración segundo establece o artigo 42.3 |