DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 25 de setembro de 2023 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral polígono/parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Orde de execución

(expediente 858-2023)

Resolución inicio O.E. do 18.9.2023

36043A007000380000JZ

(polígono 7-parcela 38)

Caritel

Ponte Caldelas

Rui Alberto Pedroso Lopo

Orde de execución

(expediente 1556-2023)

Resolución inicio O.E. do 19.9.2023

36043A015000460000JE (polígono 15-parcela 46)

Tourón

Ponte Caldelas

Elisa García Portela

Orde de execución

(expediente 1557-2023)

Resolución inicio O.E. do 19.9.2023

36043A015000470000JS (polígono 15-parcela 47)

Tourón

Ponte Caldelas

José Otero

Orde de execución

(expediente 1558-2023)

Resolución inicio O.E. do 19.9.2023

36043A015000500000JS (polígono 15-parcela 47)

Tourón

Ponte Caldelas

María del Carmen Boullosa

Orde de execución

(expediente 1443-2023)

Resolución inicio O.E. do 25.9.2023

36043A026004980000JS (polígono 26-parcela 498)

Cuñas

Ponte Caldelas

En investigación

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.

O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 25 de setembro de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente