DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57916

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do convenio urbanístico entre este concello e os promotores para a elaboración e execución do proxecto de urbanización da UA-31 Finca Urioste (Xoez-Serantes).

Mediante o Decreto número 2023004316, do 25 de agosto de 2023, acordouse:

Primeiro. En relación co NRE 2023008698, do 14 de maio, que contén alegacións presentadas por Enrique S. Roel Estrada, estímase a alegación en canto a incluílo como interesado no procedemento, e dáse traslado do conflito en relación coa propiedade de 45,00 m² no linde das parcelas 3440796NJ5033N0001GU (propiedade do interesado) e 3440775NJ5033N0001KU (propiedade de Promociones Coruñesas Siglo XXI, S.L.) para que se inicien as operacións conducentes á resolución do conflito polas vías oportunas.

Tómase coñecemento do ofrecemento de cesión de terreos destinados a vía por parte de Enrique S. Roel para o caso de que fose útil no proceso de desenvolvemento do ámbito.

Segundo. Aprobar e ratificar o texto definitivo do convenio urbanístico para a elaboración e execución do proxecto de urbanización na UA-31 Finca Urioste (Xoez-Serantes), contido no anexo deste decreto.

Terceiro. Convocar a Víctor Manuel García Rodríguez, con DNI número **7777***, en nome e representación da sociedade mercantil Promociones Coruñesas Siglo XXI, S.L., domiciliada na rúa Cubelos, número 21 D, baixo, 15172 Perillo, Oleiros (A Coruña), con CIF B-15765993, constituída por tempo indefinido en escritura pública nº 5147 do 28 de novembro de 2000 outorgada polo notario Ramón González Gómez, e inscrita no Rexistro Mercantil desta provincia, tomo 2.415, folio 78, folla C-25.874, inscrición 1ª para a aceptación e sinatura electrónica do texto definitivo de conformidade co artigo 168.3 da LSG, e 401.4 RSG.

Cuarto. Publicar no Diario Oficial de Galicia o presente acordo, co texto definitivo do mencionado convenio urbanístico, unha vez formalizado, debendo en todo caso asinarse este dentro dos quince días seguintes á notificación da aprobación do texto definitivo pola/s persoa/persoas interesadas.

Quinto. Notificar a resolución á entidade promotora e ás persoas titulares catastrais das parcelas afectadas.

O texto íntegro do convenio pode consultarse na seguinte ligazón: https://www.oleiros.org/documents/39407/55937/Certificado_convenio_UA-313771072643554362592.pdf/9497c8bb-fa8b-9686-1017-36a9e5ea950e?t=1694079852408

Oleiros, 7 de setembro de 2023

Ángel García Seoane
Alcalde presidente