DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57533

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 137/2023, do 10 de outubro, polo que se nomea un membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo o 27 de setembro de 2023,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, a José Luis Míguez Tabarés.

Santiago de Compostela, dez de outubro de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente