DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57532

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 136/2023, do 10 de outubro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9.1, inciso segundo, e 10.f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 9.e) do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo o 27 de setembro de 2023,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Universidade de Vigo, Elena Rivo López.

Santiago de Compostela, dez de outubro de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente