DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56675

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/355-1).

Expediente: IN407A 2023/355-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución dos apoios 123-B1, 123-B2 e 123-B2-1 e instalación de RC na LMTA POT-803.

Concello: Mazaricos.

1. Características técnicas:

Modificacións proxectadas na liña POT-803 (antes, TA2-809, rexistrada no expediente IN407A 2016/2132-1), no seu treito de 531 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios nº 123 (matrícula 9LNDXMHA) de formigón tipo 2 × HV-1000/14-B1-CA-(derivada-CA)-(derivada-CA) SRI e nº 123-B3 (matrícula 9LN1952M) de formigón tipo S-HV-630/14-B1, consistentes en:

– Substitución, sen alterar a traza da LMT POT-803 e respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15046A504000600000PQ sita no lugar de Corveira, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 123, do apoio nº 123-B1 (matrícula 9LMC2E8L) de formigón tipo HV-630/12-B1-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-(T35/180)-CA(CS). O reconectador existente no apoio de formigón que se vai substituír será reinstalado no apoio metálico.

– Substitución, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 123-B3, do apoio nº 123-B2 (matrícula 9LM333NU) de formigón tipo HV-1000/12-B66-CA-(derivada-CA), polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-4500/16-H35-CA(CS)-(derivada-H35-CA) que se vai instalar na parcela con referencia catastral 15046A504010670000PM sita no lugar de Corveira, en que se proxecta a retirada do autoseccionador existente e a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van de 87 metros de lonxitude que conformarán os apoios nº 123-B1 e nº 123-B2 unha vez substituídos.

– Os novos apoios proxectados adquiren a condición de apoios frecuentados.

– As operacións indicadas implican que as trazas da LMT POT-803 e da LMT derivada coa orixe no apoio nº 123-B2 unha vez substituído resulten lixeiramente desprazadas.

Modificación, cun lixeiro desprazamento da súa actual traza, do treito da liña POT-803 denominado derivada a CT Castro, autorizado no expediente 33.925, de 218 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o antedito apoio nº 123-B2 e o apoio nº 123-B2-2 (matrícula 9LHRV7OI), consistente en:

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15046A504010770000PJ, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 123-B2-2, do apoio nº 123-B2-1 (matrícula 9LKGFQW4) de formigón tipo FL-HV-1000/14-CR1-CA, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/12-H35-CA(CS).

– Tendido de novo condutor tipo LA-56 no van de 84 metros de lonxitude que conformarán os apoios nº 123-B2 e nº 123-B2-1 unha vez substituídos.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/355-1.

Proxecto: substitución dos apoios 123-B1, 123-B2 e 123-B2-1 e instalación de RC na LMTA POT-803.

Concello: Mazaricos.

Parcela

proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Dolores Domínguez Castelo

15046A504000600000PQ

Santa Leocadia

Novo apoio nº 123-B1

1,69

Rústico

2

María Domínguez López

Julio Lema París

15046A504000590000PL

Pedra Pardiña

65,6

56,82

Rústico

3

María Bermúdez Alvite e outros

15046A504010670000PM

Quinta de Benito

Novo apoio nº 123-B2

1,69

18,57

31,09

Rústico

4

Descoñecido

15046A504010770000PJ

Lamoso

Novo apoio nº 123-B2-1

1,21

70,88

152,98

Rústico