Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Mercadona, S.A. (A46103834).
Domicilio social: rúa Valencia, 5, 46016 Tavernes Blanques, Valencia.
Denominación: proxecto de instalación de liña de media tensión e centro de seccionamento.
Situación: rúa Cementeira-polígono industrial As Lagoas, Narón (A Coruña).
Características técnicas:
– Liña de alta tensión con conexión na liña de distribución CRN719 no tramo comprendido entre os centros de transformación 15CDRF e 15CVY5, realizando entrada e saída no centro de seccionamento proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/15 kV 3 × (1×240 mm2), Al lonxitude 16 + 16 m (ida + volta).
– Centro de seccionamento en local prefabricado CMS21, formado por 3 celas de liña (entrada, saída e derivación) con interruptores-seccionadores e control para telexestión e cela de servizos auxiliares (24 kV, 400 A, 16 kA).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal na que puidera incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 19 de setembro de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña