DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 2 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20230003AL-OU, por infraccións en materia sanitaria.

O 22 de agosto de 2023, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 20230003AL-OU incoado ao titular do DNI 78011491E e con enderezo na rúa Ayuntamientos Democráticos, número 5-1A, 03002 San Isidro, Alicante.

Tras intentar a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), non se puido efectuar, polo que mediante esta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do DNI 78011491E o contido da referida resolución, que figura no anexo, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa avenida de Zamora, 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén, as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, e poderán realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Poderá efectuar o ingreso en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 2 de outubro de 2023

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 20230003AL-OU.

DNI: 78011491E.

Último enderezo coñecido: rúa Ayuntamientos Democráticos, número 5-1A, 03002 San Isidro, Alicante.

Feito imputado: suposta infracción do previsto no Regulamento (CE) nº 852/04, do 29 de abril, de hixiene dos produtos alimentarios.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: catrocentos euros (400 €).