DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2023/342-1).

Expediente: IN407A 2023/342-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol na LMT POT-803-apoio 9OJE85C8//123-B47.

Concello: Santa Comba.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, da liña POT-803 (antes, TA2-809, rexistrada no expediente IN407A 2016/2132-1), no seu treito de 301,7 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre os seus apoios número 123-B46 (matrícula 9OGVN4DV) de formigón tipo S-AL-HV-400/12-B1-CSRI e número 123-B48 (matrícula 9OLU1P8W) de formigón tipo AM-ANG-HV-1600/14-BR1-CAI-(CD-CAI), en que teñen a súa orixe as derivadas aos CCTT Pereira (matrícula 15XB28) e Almozara (matrícula 15XNR6), consistente en:

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15078A501002270000PT sita no lugar da Pereira, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 123-B48, do apoio nº 123-B47 (matrícula 9OJE85C8) de formigón tipo S-AL-HV-400/14-B1-CSRI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA(CS), en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control, pasando a ter a condición de frecuentado. Esta operación implicará a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 123-B48.

Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) nos vans da liña POT-803 anterior e posterior ao novo apoio nº 123-B47 proxectado, de 151,4 e 150,3 metros de lonxitude, respectivamente.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 18 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/342-1.

Proxecto: instalación de telecontrol na LMT POT-803-apoio 9OJE85C8//123-B47.

Concello: Santa Comba.

Parcela proxecto

Propietaria/titular

Referencia catastral

Paraxe

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Marina Vilas Fariña

15078A501002270000PT

Campo do Agro

Novo apoio nº 123-B47

2

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías.