DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2023 Páx. 56666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre os acordos de emprazamento no procedemento ordinario 4195/2023 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Ecoloxistas en Acción contra a Resolución do 19 de abril de 2023 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2023/24.

En cumprimento da Resolución do 2 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Ecoloxistas en Acción contra a Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2023/24, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 4195/2023, no cal a devandita asociación recorre contra a Resolución do 19 de abril de 2023.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural