En cumprimento da Resolución do 2 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativos interpostos polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Capela e Monfero, contra o Decreto 21/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural das Fragas do Eume, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 4215/2023, no cal os devanditos concellos recorren contra o Decreto 21/2023, do 2 de marzo.
O que se fai público para xeral coñecemento
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural