DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023 pola que se fai pública a formalización do encargo con Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) para a execución do servizo de apoio aos servizos centrais de Augas de Galicia na tramitación técnica e administrativa de expedientes relacionados coa xestión do dominio público hidráulico no ámbito territorial da demarcación hidrográfica Galicia-costa e coa planificación, programación, proxecto, construción e explotación de obras hidráulicas en toda Galicia (expediente ENC.23012).

En cumprimento do disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, cómpre dar publicidade da formalización do encargo subscrita cunha empresa pública na súa consideración de medio propio personificado da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas e dos seus poderes adxudicadores dependentes delas; expediente tramitado ao abeiro do establecido nos artigos 8, 10 e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, en relación cos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, nos artigos 31 e 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e no disposto na demais normativa que resulta de aplicación:

1. Datos xerais.

1.1. Entidade que confire o encargo: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

1.11. Actividade principal da entidade: infraestruturas e servizos hidráulicos.

1.12. Servizo do que se poida obter información sobre o encargo formalizado.

1.12.1. Nome: contratación de Augas de Galicia.

1.12.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

1.12.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.12.4. Código postal: 15781.

1.12.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.12.6. Fax: 981 95 74 03.

1.12.7. Teléfono: 981 95 74 01.

2. Encargo a medio propio personificado.

2.1. Tipo de tramitación do expediente: encargo a medio propio personificado da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2. Obxecto: execución do servizo de apoio aos servizos centrais de Augas de Galicia na tramitación técnica e administrativa de expedientes relacionados coa xestión do dominio público hidráulico no ámbito territorial da demarcación hidrográfica Galicia-costa e coa planificación, programación, proxecto, construción e explotación de obras hidráulicas en toda Galicia.

2.3. Clave de expediente: ENC.23012.

2.4. Código/s CPV (referencia de nomenclatura): código/s CPV 71300000-1 (servizos de enxeñaría).

2.5. Código/s NUTS do lugar principal de entrega ou de execución da prestación: ES11.

2.6. Empresa destinataria do encargo: Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), con NIF A79365821.

2.7. Data de aprobación: 27 de setembro de 2023.

2.8. Data de formalización: 28 de setembro de 2023.

2.9. Data de publicación da formalización documental no perfil de contratante: 28 de setembro de 2023.

2.10. Orzamento e importe total previsto do gasto:

2.10.1. Orzamento: 1.877.086,03 euros (actuación non suxeita a IVE).

2.10.2. Importe total previsto do gasto: 3.754.172,06.

2.11. Duración:

2.11.1. Prazo de execución: 24 meses.

2.11.2. Admisión de prórrogas do encargo: previsión de prórrogas con incremento do gasto ata un máximo de 24 meses.

2.11.3. Ampliación do prazo de execución: previsión da/das ampliación/s do prazo de execución da prestación sen incremento do gasto que foran necesarias.

2.12. Procedementos de recurso: indicados na formalización documental do encargo publicada no perfil de contratante.

3. Información sobre si a actuación está relacionada cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Non procede.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
PD (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia