DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de setembro de 2023 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 288/2023 no expediente de reposición da legalidade COR/136/2021-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario 288/2023, interposto pola persoa con DNI 33258756C, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 9 de maio de 2023 no recurso de reposición, interposto contra outra do 14 de setembro de 2022 (expediente COR/136/2021-RP1), en que se declara que as obras executadas consistentes na ampliación da planta baixa do inmoble sito na rúa Caldeirería, núm. 37, en Santiago de Compostela, sobre o espazo existente entre as unidades edificatorias 4104.01 e 4104.02, non son legalizables por ser incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras a cargo dos interesados, no prazo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado), emprázase a persoa con DNI 11804273Y, para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística