DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0043/2023-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0043/2023-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

A Coruña, 28 de setembro de 2023

María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0043/2023-PPM

76778717W

Resolución

Avda do Rocío 31, 15230 Outes (A Coruña)

PSC-CO-0119/2023-PRE

44827898R

Resolución

R/ Blanco Amor 1-2º dta., 15704 Santiago (A Coruña)

PSC-CO-0158/2023-PPM

76367989P

Resolución

R/ Bispo Romero Lema 128-1º esq., Baio, 15150 Zas (A Coruña)

PSC-CO-0421/2023-V

47357240X

Resolución

R/ Cordelería 10, 15003 A Coruña

PSC-CO-0477/2023-PPM

78799651H

Resolución

Lg. do Mariño 61, portal 13, porta B, Portosín, 15999 Porto do Son (A Coruña)

PSC-CO-0485/2023-PPM

32825756H

Resolución

Travesía Ferrerías 4 baixo, 15001 A Coruña