DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2023 Páx. 56456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2023/103-1).

Expediente: IN407A 2023/103-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: renovación LMTS SNT827 entre CT 15CG55 e apoio nº A52U6JXR//13-A5.

Concello: Ames.

Feitos:

1. O día 3.3.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica co obxecto de mellorar a calidade da subministración e incrementar a capacidade das liñas de transporte de enerxía eléctrica na contorna da urbanización As Mimosas, concello de Ames, proxéctase deixar sen servizo un tramo soterrado da liña de distribución de media tensión LMT SNT827 Viduído Pte. Espino 27, procedente da subestación Santiago, e instalar un novo tramo soterrado en canalización paralela á existente.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado renovación LMTS SNT827 entre CT 15CG55 e apoio nº A52U6JXR//13-A5, asinado o día 25.1.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico con número de colexiado LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Ames, Deputación Provincial da Coruña e AXI.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe presentado por AXI no prazo outorgado para ese efecto.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello de Ames e Deputación Provincial da Coruña á solicitude de informe.

4. O día 9.5.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, de 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

a) Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Características técnicas:

As instalacións atópanse na contorna da urbanización As Mimosas, no concello de Ames, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 332 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT urbanización As Mimosas (15CG55) existente e remate no PA/S do apoio nº A52U6JXR//13-A5 existente. Dita actuación proxectada discorrerá mediante canalización subterránea en interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro, de 0,40 metros de ancho e entre 0,80 e 1,00 metros de profundidade, levando a cabo a instalación por esta de dous tubos de idénticas características.

– Posta fóra de servizo do tramo SNT8270509 (condutor UNI-Al-95-RHV) da LMT SNT827 Viduído Pte. Espino 27, procedente da subestación Santiago.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 12 de setembro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña