DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cartelle (expediente IN407A 2022/207-3).

Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública das instalacións eléctricas que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: substitución CT Seara (I) 32CT69 (Cartelle).

Situación: lugar da Seara, concello de Cartelle.

Orzamento: 30.770,46 €.

Características principais do proxecto de execución, que foi asinado o 7.9.2022 polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o 7.9.2022:

• LMT derivación da CAS805 de alimentación a CTI proxectado, de 56 m de lonxitude en condutor tipo LA-56, substitución do apoio núm. D23-67-15, tipo HV, por deterioración, así como renovación do condutor no tramo afectado, tamén na LA-56.

• Novo CTI proxectado en substitución do CT A Seara I 32CT69, no apoio proxectado de tipo C-FL-12/2000-H35. Illante en aceite mineral. Coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 X: 580.861 e Y: 4.677.858.

A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo desta xefatura territorial do 4.12.2022, que foi inserido no DOG do 4.1.2023 e no xornal La Región de Ourense do 16.12.2022. O proxecto tamén estivo en exposición pública nesta xefatura territorial e no Portal de transparencia desta consellería durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso, foron presentadas alegacións por Isaac Rodríguez Álvarez, propietario do predio núm. 2 da RBDA, as cales non se teñen en conta neste momento do procedemento, ao ser comunicado, o 5.7.2023, o acordo mutuo entre o promotor e todos os afectados.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 13 de setembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense