DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2023 Páx. 56313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 28 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de aprecio formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación no concello de Amoeiro (expediente IN407A 2022/54-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de aprecio da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT SAC805 entre os apoios 30-10-B-4 e 30-10-B-13, no concello de Amoeiro, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.

O texto íntegro das referidas follas de aprecio atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitaren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para compareceren.

Ourense, 28 de setembro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/54-3.

Instalación: regulamentación LMT SAC805 entre os apoios 30-10-B-4 e 30-10-B-13.

Concello: Amoeiro.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Data de ocupación

10

A Veiga

32003A036002260000YK

Herdeiros de Aquilino López Pulido

Notificación infrutuosa

27.3.2023

11

A Veiga

32003A036001730000YE

Herdeiros de Isaac Pulido Borrajo

Notificación infrutuosa

27.3.2023