DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56008

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a concesión de seis bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) da lista de persoas suplentes, co fin de cursaren estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega.

Mediante a Resolución do 3 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, aprobáronse as bases reguladoras e procedeuse á convocatoria de 250 bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2023/24 nunha universidade galega (DOG núm. 23, do 2 de febreiro).

Mediante a Resolución do 30 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, resolveuse a dita convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior e concedéuselles a bolsa a un total de 250 persoas (DOG núm. 171, do 8 de setembro) que se relacionan no anexo I desa resolución.

No artigo 2 da Resolución do 30 de agosto de 2023 establécese unha lista de seis persoas suplentes que se relacionan no anexo II, formada por aquelas persoas que acreditaron estar matriculadas nun máster e non foron adxudicatarias da bolsa, ordenadas segundo a puntuación outorgada, para cubriren as renuncias ou baixas dalgunha persoa adxudicataria da bolsa que poidan producirse.

As seis persoas que constan a seguir figuran como beneficiarias no anexo I da Resolución do 30 de agosto de 2023 e presentaron escritos de renuncia á bolsa concedida, a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia:

Apelidos

Nome

DNI/pasap.

Máster

Univ.

Créditos

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Importe total

Castelo Becerra

Marta

***7051**

Dirección e innovación da cadea de

subministración

Uvigo

60

5.000 €

2.500 €

7.500 €

Librán Vázquez

Tamara

***3004**

Enerxía e sustentabilidade

Uvigo

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €

López Vizcaíno

David

***4729**

Tradución multimedia

Uvigo

60

5.000 €

2.500 €

7.500 €

Rondeau Fariña

Marianela

*****6346

Banca e finanzas

UDC

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €

Gómez Contreras

Cristina Beatriz

*****2657

Xornalismo e comunicación multimedia: novas tendencias en produción, xestión e difusión do coñecemento

USC

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €

Álvarez Montenegro

Manuel

*****5957

Xestión empresarial do deporte

Uvigo

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €

De conformidade co disposto nos artigos 11 e 16 da Resolución do 3 de xaneiro de 2023, a Subdirección Xeral do Retorno, como órgano instrutor do procedemento, unha vez recibidas as renuncias ás bolsas concedidas por parte das persoas antes referenciadas, en vista da lista de persoas suplentes e unha vez verificada a aceptación das bolsas segundo a orde de puntuación, formulou a correspondente proposta de resolución para a concesión das bolsas ás seis persoas da lista de suplentes que aceptaron a bolsa ofertada.

Vista a lista de suplentes e verificada a súa aceptación da adxudicación das bolsas, tamén en vista da proposta de resolución da Subdirección Xeral do Retorno e de conformidade co establecido na resolución da convocatoria,

RESOLVO:

Artigo 1

Concederlles a bolsa ás seis persoas da lista de suplentes que aceptaron a bolsa e que se relacionan no anexo desta resolución para cursaren os másteres que se sinalan na correspondente universidade galega e polo importe que se indica.

O pagamento da bolsa realizarase na conta bancaria indicada pola persoa beneficiaria nos prazos establecidos e unha vez presentada a documentación xustificativa segundo o establecido no artigo 20 da resolución da convocatoria.

Artigo 2

As persoas beneficiarias destas bolsas están obrigadas ao cumprimento do establecido no artigo 21 da resolución da convocatoria. Os incumprimentos das ditas obrigacións poderán dar lugar ao reintegro parcial ou total nos termos recollidos no artigo 22 da dita resolución.

Contra esta resolución cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Apelidos

Nome

DNI/pasap.

Máster

Univ.

Créditos

Anualidade 2023

Anualidade 2024

Importe total

Sastre Iriarte

Sergio

*****2459

Dirección e xestión contable e financeira

USC

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €

Gualano Turnes

Paula

***4329**

Dirección integrada de proxectos (dúas especialidades: sistemas de información/ocio e deporte)

Uvigo

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €

Liste Legato

Noelia Marina

*****678

Dereito transnacional da empresa e das

tecnoloxías dixitais

USC

90

5.000 €

7.000 €

12.000 €

López Aparicio

Micaela

*****7825

Economía

UDC

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €

Lavandeira Arguello

Sofía

*****3205

Dirección de empresas

USC

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €

Tedone Trueba

Nadia Soledad

*****5255

Xestión e dirección laboral

Uvigo

60

5.000 €

3.000 €

8.000 €