DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx. 56007

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 27 de setembro de 2023 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia,

DISPOÑO:

O nomeamento de Alejandro Alonso Martínez como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación das organizacións sindicais.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar