De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, logo de cita, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a unidade de Vigo do Servizo de Consumo de Pontevedra, con dirección en Praza da Estrela 9, torre 2, planta 7, 3201 Vigo, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 25 de setembro 2023
Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36R002/1060/2023.
CIF/NIF: B27748524.
Acto notificado: requirimento núm. 36R002/R-AFV-102/2023.