DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de setembro de 2023 polo que se notifica o prazo de alegacións no procedemento de acceso a información pública.

De conformidade co establecido no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, foi sometido a información pública o Proxecto de interese autonómico para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei (fase III), Lugo, mediante o Anuncio do 13 de abril de 2022 (DOG núm. 86, do 4 de maio, e BOP núm. 161, do 15 de xullo).

Nese trámite, e dando resposta aos informes emitidos, foi necesario desenvolver medidas para a reforma do acceso ao parque. Ao afectar novos terreos que discorren por este tramo da estrada, notificóuselles individualmente a todas as persoas titulares catastrais.

Ao non poderse realizar a notificación persoal ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles o dito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de quince (15) días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, e producirase a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Referencia catastral

Persoa/s que serán notificadas

27040A00100013

Manuel Pereiro Orozco

1875603NH9417N

Mª del Rosario Vázquez García