DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea O.T. III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea O.T. III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 7.7.2023, Armando Hermo Suárez solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea O.T. III.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Armando Hermo Suárez (***8275**), Patricia Hermo Suárez (***3981**) e Lorenzo Hermo Suárez (***9513**), da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: O.T. III.

Situación:

Cuadrícula nº: 106.

Polígono: D.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.10.1969.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Francisco Javier Hermo Suárez (***5096**), (100 % privativa).

Novos titulares: Armando Hermo Suárez (***8275**), (33,33 % privativa), Patricia Hermo Suárez (***3981**), (33,33 % privativa) e Lorenzo Hermo Suárez (***9513**), (33,33 % privativa).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 14 de setembro de 2023

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña