DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 20 de setembro de 2023, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas do polígono 14, do concello de Láncara (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 20 de setembro de 2023, o cambio de actividade de forestal a agrícola das parcelas 930, 927, 928 (recinto 2), 940, 708, 871, 780 e parte da parcela 1065 do polígono 14 no termo municipal de Láncara (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 10 de maio de 2023.

Lugo, 26 de setembro de 2023

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo