DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2023 Páx. 55965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persona interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador PSC-CO-0630/2023-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notificase á persona interesada por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. Poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o citado prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 25 de setembro de 2023

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0630/2023-PPM

76321850F

Comunicación

R/ Prado da Viña, 10, 15155 Fisterra (A Coruña)