DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55719

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2023 pola que se nomean funcionarios e funcionarias de corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados pola Resolución desta universidade con data do 7 de xuño de 2023 (BOE do 20 de xuño).

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire a Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 25 de setembro de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Nº praza

Manuel Reyes García Hurtado

Catedrático de universidade

Historia Moderna

Humanidades

23/003

Marta Rey García

Catedrática de universidade

Comercialización e Investigación de Mercados

Empresa

23/004

Cristina Calvo Porral

Catedrática de universidade

Comercialización e Investigación de Mercados

Empresa

23/005

José Manuel Sánchez Santos

Catedrático de universidade

Economía Aplicada

Economía

23/012

María Josefa Formoso Barro

Profesora titular de universidade

Comunicación Audiovisual e Publicidade

Socioloxía e Ciencias da Comunicación

23/014

Héctor Quintián Pardo

Profesor titular de universidade

Enxeñaría de Sistemas e Automática

Enxeñaría Industrial

23/018

Bruno Casal Rodríguez

Profesor titular de universidade

Economía Aplicada

Economía

23/020

Paolo Rungo

Profesor titular de universidade

Fundamentos de Análise Económica

Economía

23/023