DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55718

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 19 de setembro de 2023, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data para a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Infraestruturas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Advertido erro no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 184, do 27 de setembro de 2023, cómpre facer a seguinte corrección tanto no sumario como no texto:

Na páxina 54653, onde di: «...avaliación colexiada...», debe dicir: «...libre designación...».