De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante resolución desta universidade con data do 5 de maio de 2023 (BOE do 17 de maio), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria,
Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolve efectuar o nomeamento das persoas que se relacionan no anexo.
Os citados nomeamentos producirán efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, a contar desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo de un mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2023
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código |
55C/23 |
Berta |
García Orosa |
***7382** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Xornalismo |
Ciencias da Comunicación |
Santiago de Compostela |
A00732 |
58C/23 |
Marta |
Requejo Isidro |
***5506** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Dereito Internacional Privado |
Dereito Común |
Santiago de Compostela |
A00734 |
67C/23 |
Dora |
Blanco Heras |
***6238** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00743 |
68C/23 |
Manuel |
Lama Penín |
***8861** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00744 |
69C/23 |
Víctor Manuel |
Brea Sánchez |
***0042** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Electrónica |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00745 |
70C/23 |
David |
Miranda Barrós |
***9079** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría |
Enxeñaría Agroforestal |
Lugo |
A00746 |
84C/23 |
Miguel Antonio |
López Pérez |
***6864** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Fisioloxía |
Fisioloxía |
Santiago de Compostela |
A00760 |
91C/23 |
María Belén |
Bande Vilela |
**2433** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Comercialización e Investigación de Mercados |
Organización de Empresas e Comercialización |
Lugo |
A00767 |
98C/23 |
Manuel Felipe |
Mucientes Molina |
***1071** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial |
Electrónica e Computación |
Santiago de Compostela |
A00774 |
99C/23 |
María José |
Alonso Veloso |
***7664** |
Catedráticas e Catedráticos de Universidade |
Literatura Española |
Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral |
Santiago de Compostela |
A00775 |