DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2023/016-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

– Peticionaria: Begasa.

– Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

– Denominación: soterramento da LAT 20 kV Meilán 1.2 e da LAT 20 kV Meilán 2.

– Situación: concello de Lugo.

– Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán 1.2 con orixe nun empalme para realizar coa LAT soterrada Meilán 1.2 nunha arqueta existente e final no CT 2538 rúa Seixo, cunha lonxitude de 1.075 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán 1.2, con orixe no CT existente 2538 rúa do Seixo e final no CT existente 6000 Enebros, cunha lonxitude de 555 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán 1.2, con orixe no CT existente 2538 rúa do Seixo e final no CT existente 205 Illa Madeira, cunha lonxitude de 585 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán 1.2, con orixe no CT existente 12998 Fontela e final no CT existente 6151 Álamo, cunha lonxitude de 350 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán 1.2, con orixe no CT existente 6151 Álamo e final no CT existente 5742 Cedro, cunha lonxitude de 160 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Meilán 1.2, con orixe no CT existente 5742 Cedro e final no CT existente 1439 Illas Canarias 2, cunha lonxitude de 375 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión DC 20 kV Meilán 2 circuíto 1, con orixe no CT existente 9287 Pablo F. Máximo e final no CT proxectado Albeiros, cunha lonxitude de 1.875 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión DC 20 kV Meilán 2 circuíto 1, con orixe no CT proxectado Albeiros e final no CT existente 2770 Ponte Romai, cunha lonxitude de 995 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión DC 20 kV Meilán 2 circuíto 1, con orixe no CT existente 9287 Pablo F. Máximo e final no CT proxectado Albeiros, cunha lonxitude de 1.875 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión DC 20 kV Meilán 2 circuíto 2, con orixe nun empalme para realizar coa LAT soterrada Meilán 2 nunha arqueta existente e final no CT 5745 avenida Duquesa 69-71, cunha lonxitude de 2.625 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• CT prefabricado Albeiros, cunha potencia proxectada de 630 kVAS e unha potencia inicial de 250kVAS, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Reforma e automatización do CT 6000 Enebros en edificio non prefabricado, no cal se substitúe a aparataxe ao aire existente por aparataxe telemandada de nova xeración SF6, instálanse dúas celas de liña telemandadas e dúas de protección de transformador, substitúense as pontes de MT e BT, adecúanse os circuítos de alumeado e de terras e instálanse dous novos cadros de BT, de oito saídas con telesupervisión. Potencia máxima admisible 2 × 630 kVAS, potencia instalada 2 × 400 kVAS, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Desmonte de 695 metros da LAT aérea Meilán 1.2 e dos apoios que a sustentan e desmonte de 2165 metros da LAT soterrada Meilán 1.2.

• Desmonte de 1.350 metros da LAT aérea Meilán 2 e dos apoios que a sustentan e desmonte de 1.470 metros de LAT soterrada Meilán 2.

– Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

– Orzamento: 1.069.750,51 euros.

– Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

• Separata para o Ministerio de Transportes-Dirección Xeral de Estradas.

• Separata para o Ministerio de Transportes -ADIF.

• Separata para o Ministerio de Transportes-AESA.

• Separata para a CHMS.

• Separata para a Consellería de Cultura.

• Separata para a Consellería de Infraestruturas.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberanse cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 22 de setembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo