DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 4 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-0000024291 e cinco máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada a notificación das propostas de resolución do procedemento de reintegro das prestacións económicas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou a través das persoas que as representen, para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro dos ditos actos administrativos.

A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días hábiles indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As propostas que se notifican outórganlles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, practicada por comparecencia, para presentar as alegacións ou os documentos que considere convenientes, así como as alternativas que procedan, de conformidade co disposto no artigo 51 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

A Coruña, 4 de setembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número

expediente

DNI

Contido do acto

Data

documento

CO-0000024291

32409473N

Proposta de resolución de reintegro da prestación

23.3.2023

CO-0000045571

32471356W

Proposta de resolución de reintegro da prestación

25.5.2023

CO-0000049759

32108772J

Proposta de resolución de reintegro da prestación

25.5.2023

CO-0000083094

76485332M

Proposta de resolución de reintegro da prestación

25.5.2023

SC-0000081667

14728337B

Proposta de resolución de reintegro da prestación

25.5.2023

CO-0000061848

32428102B

Proposta de resolución de reintegro da prestación

25.5.2023