DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2023 Páx. 55772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 4 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente CO-71900 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos acordos de inicio do procedemento de reintegro das prestacións económicas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo, ou a través das persoas que as representen, para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, acudan ao Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núm. 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro dos ditos actos administrativos.

A notificación entenderase producida o día da comparecencia e, no caso de non se presentar, desde a finalización do prazo de dez (10) días hábiles indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os acordos que se notifican outórganlles ás persoas interesadas un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación, practicada por comparecencia, para presentar as alegacións ou os documentos que considere convenientes.

A Coruña, 4 de setembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número expediente

DNI

Contido do acto

Data do documento

CO-71900

33707982X

Acordo de inicio de reintegro da prestación

6.6.2023

CO-64204

32453817N

Acordo de inicio de reintegro da prestación

22.6.2023