DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convoca a persoa interesada ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e substitución CTI A Parrocha por CTC, no concello de Vigo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio convócase todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e substitución CTI Parrocha por CTC, no concello de Vigo, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado o representada por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 21 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/027-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS e sustitución CTI Parrocha por CTC.

Concello: Vigo.

Predio

Ref. catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

5838105NG2753N0001SG

Baixada a Castrelo

María del Carmen González Bernárdez

15.12.2023

12.00