DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira de Piquín (expediente IN407A 2022/131-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e declárase a utilidade pública do proxecto denominado peche do anel 20 kV LMT Fonsagrada 1 (SE Meira) con LMT Meira 2 (SE Fonsagrada) CT Outariz (CD 260)-CT Vilares (CD 1035), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 21 de setembro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/131-2.

Denominación: peche do anel 20 kV LMT Fonsagrada 1 (SE Meira) con LMT Meira 2 (SE Fonsagrada) CT Outariz (CD 260)-CT Vilares (CD 1035).

Concello: Ribeira de Piquín.

Declaración de utilidade pública.

Parcela nº

Referencia catastral

Polígono

Parcela

Lugar

Tipo de cultivo

Nome e apelidos (propietarios)

Apoio nº

Superficie ocupación permanente m2 (apoio)

Superficie afectada por voo m2 (LATA)

Superficie afectada por voo total m2 (LATA)

Superficie ocupación temporal por obras e accesos m2 (LATS)

11

27053A03300295

33

295

Cortiñoa

Monte baixo

Jesús López López

2

2

453

453

66

20

27053A03800057

38

57

Curtiña

Monte alto

Jesús López López

605

605

132

27

27053A03700079

37

79

Estivo

Monte alto

Jesús López López

92

92