DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e substitución CTI A Parrocha por CTC, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/027-4).

A instalación denominada LMTS e substitución CTI A Parrocha por CTC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 18 de agosto de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 15 de decembro de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 12 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS e substitución CTI A Parrocha por CTC

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m² solo

1

5838105NG2753N0001SG

Baixada a Castrelo

Ceferino González Pérez

CT

16,81

María del Carmen Bernárdez Fontán

Fernando Salgueiro Pérez

María del Carmen González Bernárdez

Beatriz González Bernárdez

David Ceferino González Bernárdez

Pablo Salgueiro González

Javier Salgueiro González