DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803, no concello de Meaño, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/113-4).

A instalación denominada substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 27 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados; ten a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 26 de outubro de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Meaño.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, onde se lles informará de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 7 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Substitución dos apoios 9RTBCRCH e 9RVBG34P na LMT VLG803

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml servidume de paso aérea

m2 servidume de paso aérea

1

36027A008000530000MW

Revoltiña

Dolores Varela Castro

1

10,24

2

36027A008000440000MJ

Molar

Descoñecido

8,35

12

3

36027A008000430000MI

Molar

Descoñecido

2,75

5,62

4

36027A008000410000MD

Molar

Descoñecido

1,15

7,28

5

36027A008000390000MX

Molar

Descoñecido

7,9

31,2

6

36027A008000420000MX

Molar

Descoñecido

16,3

22,1

7

36027A008000380000MD

Casiñas

Descoñecido

6,25

9,93

8

36027A008000330000MF

Casiñas

Descoñecido

2

13,12

55,25

104,3