DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS SDM711 e substitución CTI Santa María Rans 36AGR1 por CT, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/425-4).

A instalación denominada LMTS SDM711 e substitución CTI Santa María Rans 36AGR1 por CT foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 10 de xullo de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 15 de decembro de 2023, a partir das 13.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 7 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

LMTS SDM711 e substitución CTI Santa María Rans 36AGR1 por CT

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m² solo

m² subsolo

1

54057A047000080000AX

Rans

Carmen Rodríguez Fernández

8,66

2

54057A047000070000AD

Rans

Carmen Viéitez Rodríguez

CT

4,67

18,35

3

54057A047000060000AR

Rans

Ramón Simón Viéitez

CT

10,33

14,38