DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de setembro de 2023 polo que se somete a información pública o proxecto de decreto polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia.

En relación co proxecto de decreto polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, ao abeiro da Resolución do 12 de setembro de 2023, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, sométese o antedito proxecto de decreto a un trámite de información pública que se levará a cabo durante un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os documentos que se someten á información pública son o proxecto de decreto polo que se aproba a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, os planos que definen as modificacións propostas e a antedita Resolución do 12 de setembro de 2023, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas.

A documentación que forma o expediente estará á disposición da cidadanía, nos días e nas horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo San Caetano, s/n), así como na páxina web oficial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través do seguinte enderezo:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/outros-expedientes

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas