DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 3 de outubro de 2023 Páx. 55574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 14 de setembro de 2023 polo que se somete a información pública a aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 183, do 26 de setembro de 2023, procede realizar as seguintes correccións na páxina 54588:

– Onde di: «aprobación inicial da», debe dicir: «addenda número 4 do expediente relativo á».

– Onde di: «e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes», debe dicir: «e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes respecto dos novos documentos incorporados:

• Documentos do expediente administrativo.

• Documentos da addenda 04».