DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55281

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, pola que se publica o requirimento de emenda das solicitudes ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS701B).

No Diario Oficial de Galicia número 139, do 21 de xullo de 2023, publícase a Orde do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS701B).

No número 1 do seu artigo 11 determínase a documentación complementaria que as entidades interesadas deberán achegar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes e documentación complementaria presentada ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas na convocatoria.

O artigo 10.4 da dita orde indica que, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirira ás entidades interesadas para que, nun prazo de 10 días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Así mesmo, o artigo 18 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da emenda das solicitudes e documentación preceptiva, que se debería achegar como documentación complementaria á solicitude da axuda, coa relación de entidades beneficiarias requiridas para emendaren as que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, e que figura no anexo.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación do dito acto de requirimento a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no dito anexo. De non o faceren, de conformidade co artigo 10.4 da orde e co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teráselles por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Xuventude a través dos teléfonos 981 54 46 40 ou 981 54 36 96.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

Begoña Abeijón Fernández
Directora xeral de Persoas con Discapacidade

ANEXO

Requirimento de emenda da solicitude e documentación complementaria preceptiva (código de procedemento BS701B)

1. Relación de concellos e mancomunidades e documentación requirida:

Nº de expte.

NIF

Solicitante

Documentación requirida

BS701B/2023/0001

P1505700C

Concello de Negreira

1. Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta.

2. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos para a execución do proxecto.

3. Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

BS701B/2023/0002

P3207600B

Concello de San Cibrao das Viñas

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0005

P1506500F

Concello de Paderne

1. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0006

P3205400I

Concello de Oímbra

1. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos para a execución do proxecto.

BS701B/2023/0007

P3204000H

Concello de Laza

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0011

P3600500G

Concello de Caldas de Reis

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0015

P1503800C

Concello de Fisterra

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0018

P3208400F

Concello da Veiga

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta.

3. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

4. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos para a execución do proxecto.

5. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0019

P3206800I

Concello de Rairiz de Veiga

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0020

P3203500H

Concello da Gudiña

1. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0027

P2706400E

Concello do Vicedo

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0028

P2704400G

Concello de Pastoriza

1. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0032

P3605800F

Concello de Vilaboa

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

3. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0033

P2705100B

Concello de Ribadeo

1. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0036

P2705600A

Concello de Rábade

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

3. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0037

76998594E

Concello de Soutomaior

1. Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta.

BS701B/2023/0038

33805722T

Concello de Chantada

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0040

P1502400C

Concello de Cerceda

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0041

P3207000E

Concello de Ribadavia

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0042

P1500100A

Concello de Abegondo

1. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0044

P3601000G

Concello de Catoira

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta.

3. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

4. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos para a execución do proxecto.

5. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0045

P3204100F

Concello de Leiro

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0046

P3205200C

Concello de Muíños

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0049

P2700300C

Concello de Antas de Ulla

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0057

P1500029B

Concello de Oza-Cesuras

1. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0058

P1501600I

Concello de Camariñas

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0059

P3605600J

Concello de Valga

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0060

P1509100B

Concello de Vilasantar

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0063

P3601400I

Concello de Crecente

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0064

P2704000E

Concello de Palas de Rei

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0066

P3604700I

Concello de Rodeiro

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0067

P2706100A

Concello de Trabada

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0071

35308316G

Concello de Campo Lameiro

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta.

3. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

4. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos para a execución do proxecto.

5. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0072

P3601300A

Concello de Covelo

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0075

P3601500F

Concello de Cuntis

1. Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0076

P2700700D

Concello de Begonte

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0079

P1502300E

Concello de Cee

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0083

P1508800H

Concello de Valdoviño

1. Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

BS701B/2023/0084

P1506300A

Concello de Outes

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

3. Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

BS701B/2023/0085

P1507800I

Concello de Santa Comba

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0086

P2705900E

Concello de Sober

1. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0087

P1501300F

Concello de Brión

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Proxecto, anteproxecto ou memoria económica valorada da actuación proposta.

3. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos para a execución do proxecto.

BS701B/2023/0088

P2700100G

Concello de Abadín

1. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0089

P1508600B

Concello de Touro

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0091

P3209100A

Concello de Vilar de Santos

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

3. Orzamento detallado, agrupado por partidas, dos gastos para a execución do proxecto.

4. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0095

P3208800G

Concello de Vilamarín

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0097

P1506600D

Concello de Padrón

1. Memoria explicativa e xustificativa.

BS701B/2023/0101

P1503300D

Concello de Dodro

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

BS701B/2023/0102

P1504900J

Concello de Miño

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

2. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante (asinado polo alcalde).

BS701B/2023/0103

P3603700J

Concello de Pazos de Borbén

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

2. Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

BS701B/2023/0104

P1504700D

Concello de Melide

1. Memoria explicativa e xustificativa.

2. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0108

P1504500H

Concello de Mañón

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

BS701B/2023/0112

P3604600A

Concello de Ribadumia

1. Declaración responsable (a actuación proposta axústase á normativa de accesibilidade).

2. Anexo II. Certificación emitida e asinada pola persoa secretaria da entidade solicitante.

2. Data do acto de requirimento da emenda da documentación: 13 de setembro de 2023.

3. Órgano competente: Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade.

4. Prazo de emenda da xustificación: dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto de requirimento no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos que se enumeran conforme se establece na orde de convocatoria. De non o faceren, de conformidade co artigo 10.4 da orde e co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, teráselles por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.