DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55287

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios subscritos, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social e Xuventude durante o primeiro e segundo cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Xuventude

ANEXO

Convenios asinados no primeiro e segundo cuadrimestre de 2023

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela co obxecto de incluír o alumnado do máster en Saúde Pública.

Engadir a titulación de máster universitario en Saúde Pública no ámbito de aplicación do convenio entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela.

5.5.2023

Sen custo económico

Convenio entre o Instituto de Maiores e Servizos Sociais e a Comunidade Autónoma de Galicia para establecer e regular o procedemento que posibilite a interoperabilidade do sistema de información da citada comunidade autónoma co sistema de información do sistema para a autonomía e atención á dependencia do Imserso.

Posta á disposición polo Imserso a favor da Comunidade Autónoma de Galicia do procedemento que permita a interoperabilidade dos seus sistemas de información co SISAAD como instrumento imprescindible para o mantemento e a xestión da información relativa aos beneficiarios do SAAD no ámbito territorial da citada comunidade autónoma.

5.5.2023

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO), relativo á realización de prácticas formativas non laborais nos centros da Consellería de Política Social e Xuventude na provincia de Ourense.

Establecer a forma e as condicións de colaboración para que as persoas usuarias da asociación que acadaron as competencias laborais poidan realizar prácticas formativas non laborais na Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Milagres, Centro Sociocomunitario
Ourense-Centro, Centro Sociocomunitario Pontepelamios, Escola Infantil A Farixa, Escola Infantil Antela, Escola Infantil Virxe de Covadonga, Centro de Menores A Carballeira, Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas e Espazo Xove de Ourense para o
ano 2023.

9.6.2023

Sen custo económico

Convenio entre o Instituto de Maiores e Servizos Sociais e a Comunidade Autónoma de Galicia para a cesión de uso da aplicación informática para a valoración da discapacidade.

A cesión de uso de forma non exclusiva da aplicación informática propiedade do Imserso a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, para a valoración da situación e do grao de discapacidade, denominada Baremo integrado de discapacidade (Baredi), relativa ás persoas que solicitan a dita valoración, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

26.6.2023

Sen custo económico

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Santiago de Compostela co obxecto de incluír o alumnado do máster oficial en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica e Forense.

Engadir a titulación de máster oficial en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica e Forense no ámbito de aplicación do convenio entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela.

12.7.2023

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Meniños para a intervención terapéutica con vítimas de abuso sexual infantil nos meses de xaneiro a marzo no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Fundación Meniños para a realización das actuacións que a fundación desenvolva durante os meses de xaneiro a marzo de 2023 en materia de atención terapéutica ás vítimas de abuso sexual infantil.

31.3.2023

36.188,28 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a provincia eclesiástica de Santiago de Compostela sobre asistencia relixiosa católica a persoas menores e mozos/as internos/as en centros de internamento para a execución de medidas privativas de liberdade.

Establecer as condicións para garantir no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dereito á asistencia relixiosa católica dos menores e mozos/as internados/as nos centros de reeducación de medidas de internamento.

29.5.2023

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Consello Evanxélico de Galicia sobre asistencia relixiosa evanxélica ás persoas menores e mozos/as internos/as en centros de internamento para a execución de medidas privativas de liberdade.

Establecer as condicións para garantir no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dereito á asistencia relixiosa evanxélica dos menores e mozos/as internados/as nos centros de reeducación de medidas de internamento.

29.5.2023

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Comisión Islámica de España sobre asistencia relixiosa islámica de España sobre as persoas menores e mozos/as internos/as en centros de internamento para a execución de medidas privativas de liberdade.

Establecer as condicións para garantir no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o dereito á asistencia relixiosa islámica dos menores e mozos/as internados/as nos centros de reeducación de medidas de internamento.

29.5.2023

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Arela para a difusión e publicidade da medida xudicial de convivencia con persoa ou familia na provincia de Pontevedra.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Arela para as súas actividades de difusión e publicidade da medida para a convivencia de persoas ou familias con menores que sexan derivados a tal fin polo Xulgado de Menores de Pontevedra.

19.6.2023

25.940,03 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Alcer Galicia para o desenvolvemento dun programa de intervención psicosocioeducativa en menores con enfermidade renal crónica en galicia (Programa Medro con Alcer) no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Alcer Galicia para a súa intervención psicosocial, apoiando e acompañando as familias para mellorar a súa calidade de vida dentro do seu proceso de adaptación e convivencia coa enfermidade renal crónica.

26.6.2023

37.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para a prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillos e/ou fillas menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas cuxo obxectivo é o de potenciar a autonomía das familias monoparentais.

4.7.2023

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Andrea de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas o terminais, para o desenvolvemento dun programa denominado Soporte vital ás familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Fundación Andrea para a realización do seu programa denominado Soporte vital ás familias con nenas e nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos.

4.7.2023

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, para o desenvolvemento do programa Vacacións en paz 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, para o traslado de nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas.

4.7.2023

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para a realización de actuacións na consecución de beneficios e vantaxes destinados a familias numerosas galegas no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Galega de Familias Numerosas (Agafan) para a difusión dos beneficios e das vantaxes dos programas e medidas destinadas ás familias numerosas e do desenvolvemento de accións de captación de empresas e entidades en xeral que ofrezan vantaxes, como medidas de apoio e axudas ás ditas familias.

6.7.2023

26.378,85 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) para o desenvolvemento do programa A restauración galega sen glute, no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) para a realización de actuacións encamiñadas á formación en materia de celiaquía, que desenvolverá a entidade en 200 locais sitos na Comunidade Autónoma de Galicia, e mellorar a calidade de vida das familias con membros con enfermidade celíaca fóra do seu contorno doméstico a través da capacitación de establecementos hostaleiros na materia.

11.8.2023

53.827,46 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Educando en Familia, para o desenvolvemento dun programa de intervención educativo-familiar no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Educando en Familia, para desenvolver un programa de intervención educativo-familiar dirixido ás familias da Terra Chá e da Mariña Lucense para o ano 2023.

14.8.2023

23.748,71 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, para a execución do programa Preparación, apoio e acompañamento ás familias adoptivas e acolledoras, no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da entidade Manaia, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, para un programa que facilita o adecuado desenvolvemento, na súa nova vida, da persoa menor adoptada, mediante a orientación, o asesoramento, acompañamento e apoio especializado ás familias adoptantes e acolledoras e/ou ás persoas menores.

24.8.2023

65.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Marola Fútbol Club no desenvolvemento dun programa de fomento da práctica deportiva para menores internados nos centros de reeducación de Concepción Arenal, Monteledo, Montefiz e Avelino Montero, e de soporte á autonomía dos mozos que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Marola Fútbol Club para un proxecto dirixido a facilitar o tránsito á autonomía das persoas mozas, de idades comprendidas entre 18 e 25 anos, que finalicen o seu internamento nun dos centros de reeducación desta comunidade autónoma, inicien o cumprimento dunha medida non privativa de liberdade, cubrindo as súas necesidades de manutención e aloxamento, naqueles casos en que e o seu contorno sociofamiliar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción social.

29.8.2023

47.480,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á protección e promoción dos dereitos da infancia no ano 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) para a promoción da participación dos nenos e nenas en todos os ámbitos da sociedade e de xeito especial no deseño e toma de decisións das medidas que inciden directamente na súa calidade de vida e no respecto dos seus dereitos.

31.8.2023

20.000,00 €

Convenio de colaboración para o ano 2023, entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Aldeas Infantiles SOS Galicia, para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da entidade Aldeas Infantiles SOS Galicia para o desenvolvemento do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa da entidade nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

24.8.2023

173.353,44 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Rede Europea contra a Pobreza EAPN-Galicia para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da entidade Rede Europea contra a Pobreza EAPN-Galicia para a realización dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social.

30.5.2023

72.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Gallega de Bancos de Alimentos (Fegaban) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, adquisición, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Galega de Bancos de Alimentos (Fegaban) para a realización dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas, legalmente constituídas con esa finalidade, que actúen no territorio galego, incluíndo tamén a adquisición dos alimentos cando a captación resulte insuficiente.

12.7.2023

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa Acougo no Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Fundación Monte do Gozo para a realización dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral de persoas con patoloxía dual, a través do programa Acougo, en Vigo.

12.7.2023

153.846,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Riotorto para a colaboración no financiamento do programa de dinamización en centros veciñais para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Concello de Riotorto para desenvolver as actuacións que ten previsto desenvolver durante o ano 2023, dirixidas á atención de persoas maiores en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal destas persoas maiores residentes nese concello, prestándolles os servizos nas antigas escolas rehabilitadas en centros veciñais de que dispón o Concello.

29.3.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Muíños para a colaboración no financiamento do programa Comedor sobre rodas, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Concello de Muíños para a realización do programa Comedor sobre rodas, no exercicio 2023. A través deste programa, as persoas usuarias reciben diariamente nas súas casas o xantar e a cea, adaptados ás prescricións médicas individuais.

29.3.2023

55.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Curtis para o financiamento do programa Ao teu carón, para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Concello de Curtis para a realización do programa Ao teu carón, do Concello, co obxectivo de combater o illamento social na terceira idade.

29.3.2023

18.552,72 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Riós para o financiamento do programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Concello de Riós para a realización do programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia que o Concello ten previsto desenvolver durante o ano 2023 para fomentar o envellecemento activo, a loita contra a soidade non desexada e a interacción e participación das persoas maiores residentes nese concello.

12.4.2023

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello do Pereiro de Aguiar para o financiamento do programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Concello do Pereiro de Aguiar para a realización do programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia que desenvolve o Concello no exercicio 2023.

12.4.2023

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Boimorto de cara a instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación da dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Concello de Boimorto para a realización das actuacións de atención integral á dependencia que o Concello ten previsto desenvolver durante o ano 2023, dirixidas á atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello, e ás súas familias e persoas coidadoras (sexan ou non profesionais), para os efectos de información, asesoramento e formación.

14.4.2023

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Castrelo de Miño para a realización dun proxecto de actividades para persoas maiores e persoas en situación de vulnerabilidade, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Concello de Castrelo de Miño para a realización das actuacións que o Concello ten previsto desenvolver durante o ano 2023, dirixidas ás persoas maiores e persoas en situación de vulnerabilidade, residentes nese concello.

14.4.2023

40.631,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política social e Xuventude e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento do programa e actuacións das Aulas sénior de Galicia da entidade para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Cultural Galega de formación permanente de adultos (Ategal) para a realización de actividades formativas comprendidas nas Aulas senior de Galicia, para o exercicio 2023.

14.4.2023

190.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Lalín para o financiamento do programa de respiro familiar Lalín activa, para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Concello de Lalín para a realización do Programa de conciliación e respiro familiar Lalín activa, de cara a proporcionar espazos de esparexemento dirixidos ás persoas maiores, partindo das necesidades de conciliación e respiro familiar demandadas polos seus familiares para fomentar a conciliación laboral e de tempo libre. Este programa levarase a cabo en 10 puntos xeográficos do concello de Lalín, que serán as parroquias rurais que cubran a maior parte do territorio do concello.

27.4.2023

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Concello de Ares para a realización das actividades de formación e aprendizaxe dos períodos de formación práctica na Residencia de Maiores de Caranza-Ferrol, do alumnado do obradoiro dual de emprego Reinicia IX.

Establecer o marco de colaboración para o desenvolvemento dos períodos de formación práctica do curso Certificado de profesionalidade SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, dentro do obradoiro dual de emprego Reinicia IX, en centros dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude.

Neste obradoiro impártese a especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

27.4.2023

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Carballido de Servizos Sociais (Acarserso) para o financiamento dos gastos derivados da execución do proxecto da Escola do Maior durante o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación de Carballido de Servizos Sociais (Acarserso) para levar a cabo as actuacións do proxecto da Escola do Maior durante o exercicio 2023.

11.5.2023

37.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Corporación Radio e Televisión de Galicia S.A. (CRTVG) para a elaboración e emisión do programa Os nosos maiores, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) para a realización e emisión do programa Os nosos maiores, composto de trece espazos de 40 minutos de duración nos cales se emitirá información sobre a realidade actual e a vida cotiá das persoas maiores que viven na Comunidade Autónoma de Galicia coa necesidade de fomentar o respecto ás persoas maiores, incidindo no seu benestar e atención.

1.6.2023

96.726,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal) para o financiamento dos programa de atención dirixidos a familiares de enfermos de Alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias (Fagal) para o mantemento da federación e dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de Alzhéimer residentes en Galicia.

9.6.2023

89.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Universidade da Coruña para facilitar a consolidación da Universidade Sénior e cumprir as súas funcións ao servizo da sociedade.

15.6.2023

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Universidade de Vigo para o financiamento do Programa universitario para maiores, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Universidade de Vigo para a realización nos seus campus de Ourense, Pontevedra e Vigo dun programa universitario específico denominado Programa universitario para maiores, no exercicio 2023.

21.6.2023

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e o Centro Asociado da UNED da Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Centro Asociado da UNED da Coruña para o desenvolvemento por esta do programa UNED Sénior no ano 2023, que se configura como unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

15.6.2023

13.860,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Casa da Muller para o financiamento do proxecto Aldea Muller, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Casa da Muller para a execución dun proxecto da asociación, na aldea do Couto, en Ponteceso, no exercicio 2023, denominado Aldea Muller

24.8.2023

16.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do Programa universitario de maiores, IV ciclo, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Universidade de Santiago de Compostela, para favorecer e permitir o desenvolvemento das actividades previstas pola dita universidade dentro do Programa universitario de maiores, IV ciclo. Este programa vai dirixido a consolidar e favorecer a participación na vida universitaria da poboación de máis de 50 anos.

31.8.2023

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para o financiamento de servizos especializados dirixidos a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da federación e das súas entidades federadas para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para o mantemento da federación e das súas entidades federadas, e dos servizos especializados que a entidade ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

16.5.2023

909.826,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual, Special Olympics Galicia, para o mantemento da entidade e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, de lecer, formativas e de promoción do voluntariado, exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación de pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual Special Olympics Galicia, para o mantemento da entidade e da promoción da integración social e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias a través da realización de actividades deportivas adaptadas, de lecer, de formación e de promoción do voluntariado, que ten previsto desenvolver no ano 2023.

16.5.2023

199.443,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o financiamento dun programa de intervención social destinado a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e/ou crónicas e das súas familias, e do mantemento da federación para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas para o mantemento da federación e do programa que na área de intervención social ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

16.5.2023

33.310,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) para o financiamento dos programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e o mantemento da entidade para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor de Saúde Mental Feafes Galicia, para o mantemento da entidade e das actuacións que conforman os programas de promoción da autonomía persoal e prevención e atención á dependencia, dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia, que ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

16.5.2023

643.286,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Aspace Galicia) para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral e do mantemento da entidade para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Aspace Galicia) para o mantemento da federación e das súas entidades asociadas, así como das actuacións que conforman o programa que a federación ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

16.5.2023

1.139.830,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento dos programas de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o mantemento da confederación e das súas entidades asociadas, así como dos programas que ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

16.5.2023

1.746.961,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Down Galicia para o financiamento de programas destinados ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias, e do mantemento da federación para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Down Galicia para o mantemento da federación e dos programas que ten previsto desenvolver durante o ano 2023, destinados ás persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual e ás súas familias.

16.5.2023

1.207.608,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Autismo Galicia para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e das súas familias en Galicia, e para o mantemento da federación e das entidades federadas para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Autismo Galicia, para o mantemento da federación e das entidades federadas, así como das actuacións que conforman a programación que ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

16.5.2023

1.370.044,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) para contribuír ao financiamento dun programa de intervención en atención temperá, destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) para a realización dun programa de intervención en atención temperá da entidade, destinado a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e ás súas familias no ano 2023.

16.5.2023

735.926,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Parapléjicos y Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym) para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares e/ou grandes discapacitados residentes en Galicia e ás súas familias, e o mantemento da entidade para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación de Parapléjicos y Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym) para o mantemento da entidade e das actividades que comporta o programa que ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

16.5.2023

55.142,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o financiamento dos programas de atención a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias, e do mantemento de Fadenga Plena Inclusión Galicia e das súas entidades federadas para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o mantemento da federación e das súas entidades federadas, así como das actuacións que conforman os programas que ten previsto desenvolver a entidade a prol do colectivo de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, e das súas familias no exercicio 2023.

16.5.2023

6.073.958,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) para o financiamento de programas dirixidos a persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas, para o exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) para o mantemento da federación e das súas entidades asociadas, e a execución dos programas de atención a persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias, que ten previsto desenvolver durante o ano 2023.

16.5.2023

678.633,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Compañía de las Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl, del centro asistencial San Pablo y San Lázaro, para o financiamento dos gastos derivados da execución do programa de actividades formativas e de estimulación lúdico-deportivas destinado ás persoas con discapacidade intelectual, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Compañía de las Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl, centro asistencial San Pablo y San Lázaro, para a execución das actividades formativas e de estimulación lúdico-deportivas, que forman parte do programa que desenvolve a Compañía.

1.6.2023

173.034,00 €

Convenio de colaboración entra a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O para o financiamento dos gastos derivados da execución do programa de atención integral para o desenvolvemento persoal, social e prelaboral destinado ás persoas con discapacidade intelectual, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación de Discapacitados Intelectuales Virgen de la O para a execución do Programa de atención integral para o desenvolvemento persoal, social e prelaboral destinado ás persoas con discapacidade intelectual, no exercicio 2023.

15.6.2023

28.572,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación de Adultos Discapacitados da Coruña (Adcor) para o financiamento dos gastos derivados da execución do programa de terapia, rehabilitación, lecer e desfrute persoal e do programa das tecnoloxías da información e da comunicación, destinados ás persoas con discapacidade no exercicio 2023.

Contribuir ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Fundación de Adultos Discapacitados da Coruña (Adcor) para a realización das actuacións que forman parte do Programa de terapia, rehabilitación, lecer e desfrute persoal (que se desenvolve nas áreas de estimulación cognitiva, estimulación física, estimulación funcional, estimulación sensorial e área de actividades recreativas e de lecer) e Programa das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), no exercicio 2023.

8.8.2023

61.315,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Asociación Club Praia de Pantín para financiar a realización dun evento de surf adaptado no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Asociación Club Praia de Pantín para o apoio á realización dun evento de surf adaptado, o IV Campionato de surfing adaptado.

8.8.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación para la Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-A Terra Chá para o financiamento dos gastos derivados da execución dun obradoiro de xardinaría e horticultura terapéuticas, destinados ás persoas con discapacidade no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Fundación para la Protección de Discapacitados Psíquicos de Vilalba-A Terra Chá para a realización das actuacións no seu centro ocupacional do obradoiro de xardinaría e horticultura terapéutica, destinado a persoas adultas con discapacidade.

8.8.2023

23.757,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para o incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola UE, NextgenerationEU, exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) para a posta en marcha das actuacións que a federación ten previsto desenvolver durante o ano 2023 a través dun programa específico para incrementar a accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información.

14.8.2023

125.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Federación Down Galicia e as súas entidades federadas para o financiamento do proxecto de aprendizaxe e inclusión sociolaboral no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Federación Down Galicia para a realización das actuacións que a federación e as súas entidades federadas desenvolvan no ano 2023 para a realización do proxecto de aprendizaxe e inclusión sociolaboral.

14.8.2023

140.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) para o programa do incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG) para a realización do programa singular e específico que a corporación ten previsto desenvolver durante o ano 2023 para incrementar os servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información.

31.8.2023

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da comarca da Barcala para o financiamento dos gastos derivados da execución de programas de promoción da autonomía persoal destinados ás persoas con discapacidade, no exercicio 2023.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da comarca da Barcala para a execución do Proxecto de actividades adaptativas e vida na comunidade, destinado ás persoas con discapacidade, no exercicio 2023.

31.8.2023

15.525,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a Deputación Provincial de Ourense, relativo á utilización de determinadas instalacións e servizos da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas e para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude.

Establecer a forma e as condicións de colaboración para a promoción da práctica de actividades deportivas entre a xuventude, acollendo na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense un máximo de cinco (5) deportistas, en réxime de aloxamento e mantenza, e gozando dos mesmos servizos que os demais residentes.

28.2.2023

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria para a posta en marcha en 2023 e en 2024 do Programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Xuventude Mentoring), cofinanciado pola Unión Europea, no marco do programa
FSE+Galicia 2021-2027.

Contribuír ao finaciamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Xuventude a favor do Consorcio para o Desenvolvemeno de Aplicacións para a Xestión Universitaria para a realización dun programa en
2023-2024 de formación e mentoring (Xuventude Mentoring) destinado a persoas mozas que rematasen os seus estudos nunha universidade ou centro de estudos da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da dita comunidade autónoma no momento da súa selección como participantes do programa, co fin de favorecer a transición das ditas persoas mozas desde a vida académica á laboral.

15.6.2023

1.000.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización do programa Correspondentes universitarios.

Establecer a colaboración do programa Correspondentes universitarios entre as partes para difundir a información entre o alumnado universitario, favorecendo a participación dos mozos e mozas tanto na elaboración como na difusión de eventos ou actividades destinadas á xuventude, particularmente á universitaria. O programa desenvolverase fundamentalmente de xeito virtual, pero tamén en formato presencial.

26.6.2023

Sen custo económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización do programa Correspondentes universitarios.

Establecer a colaboración do programa Correspondentes universitarios entre as partes para difundir a información entre o alumnado universitario, favorecendo a participación dos mozos e mozas tanto na elaboración como na difusión de eventos ou actividades destinadas á xuventude, particularmente á universitaria. O programa desenvolverase fundamentalmente de xeito virtual, pero tamén en formato presencial.

4.7.2023

Sen custo económico

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e Abanca Corporación Bancaria para o desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné Xove.

Establecer as bases da colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade financeira Abanca para o apoio ás accións de promoción, difusión e desenvolvemento do programa Carné Xove que se leven a cabo en Galicia.

17.7.2023

Sen custo económico