DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2023 Páx. 55280

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 13 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

Advertido un erro no dito extracto, publicado no DOG núm. 186, do venres 29 de setembro de 2023, é necesario realizar a seguinte corrección:

Na páxina 54992, no punto quinto «Data de activación dos bonos», onde di:

«Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 2 de outubro ata o 31 de decembro de 2023, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €».

Debe dicir:

«Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga por parte das persoas usuarias desde o 9 de outubro ata o 31 de decembro de 2023, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000 €».