DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55230

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 8 de setembro de 2023 de notificación do procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada sen efecto a notificación dos actos que se indican por causas non imputables á Administración, ao non ser posible efectuarlles a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, as persoas titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesada

Persoa responsable

Orde de execución

(exp. 1304-2023)

Resolución de inicio O.E. do 29.8.2023

36043A012009890000JB 

(polígono 12-parcela 989)

Cuñas

Ponte Caldelas

María Andre Escudero

Orden de execución

(exp. 1220-2020)

Resolución de inicio O.E. do 5.9.2023

36043A008002420000JU (polígono 8-parcela 242)

Forzáns

Ponte Caldelas

En investigación

En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lle sirva de notificación ás persoas interesadas, para cuxo fin se lles comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puider determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio dos datos catastrais da parcela no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa repercutindo os custos ás persoas responsables.

E considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 8 de setembro de 2023

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente