DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2023 Páx. 55229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, procedemento ordinario 7188/2023.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 7188/2023 (procedemento ordinario), interposto pola Organización Sindical Facultativos de Galicia Independentes, O’Mega, contra a Resolución do 26 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o primeiro Programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo de institucións hospitalarias deste organismo, dirixido ao novo persoal especialista, e se establece o prazo para a presentación de solicitudes (DOG núm. 105, do 5 de xuño).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos